A carpintaría de ribeira

O oficio de carpinteiro de ribeira espállase en A Guarda coa chegada dos mestres carpinteiros portugueses que a principios da década dos 30 do século XX arribaron á Pasaxe para a construción do barco Constantino Candeira. Unha nave de madeira de 400 toneladas con tres paus a vela, deu orixe á flota dos serradoiros de Candeira de Camposancos e serviu de ensinanza para moitos mozos que trocaron a carpintaría de obra pola de barcos.

Previa á fabricación deste barco madeireiro, a construción das gamelas e os botes da pesca artesanal realizánbase nas adegas dalgunhas casas como a do Minxos, situada nas inmediacións da lonxa.

Algúns destes aprendices evolucionaron no oficio, converténdose en verdadeiros artistas autodidactas. Así, xurdiron os primeiros estaleiros de armado e reparación de barcos de madeira, a vela e logo a vapor. A gamela guardesa, símbolo da pesca local, recibiu os beneficios destes artesáns que foron mellorando a súa estrutura e navegabilidade. Os carpinteiros de ribeira de A Guarda foron quen de introducir e perfeccionar pezas que permitiron evolucionar á embarcación, así como a versatilidade e fortaleza da súa tradicional vela latina.  Isto último, da man doutros especialistas na arte de facer as velas que eran rematadas polas costureiras locais como a tía María “A coxa”.
A substitución dos barcos de madeira polos de fibra, máis fáciles de adquirir economicamente e de reparar, provocou unha quebra na demanda do oficio que comezou a esmorecer a finais de século pasado. Na actualidade, poucas persoas quedan cos coñecementos suficientes para revivir a carpintaría de ribeira. Na súa maioría, están xa xubilados ou sen vencello cos estaleiros.

O perigo de desaparición do oficio é unha ameaza se non existe un relevo xeracional no estaleiro El Pasaje. O último de carpintaría de ribeira.A crp

Close Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *