A pesca de altura

Primeiramente, o barco a vapor e, seguidamente, os motores a gasoil, permitiron afastarse da costa na procura dos bancos de peixe que agochaba a costa atlántica. Primeiro, Portugal e a costa cantábrica, e coa chegada dos grandes barcos, os caladoiros de Marrocos e do mundo en diante.

Os destinos máis próximos afastaban aos mariñeiros do fogar por tres ou catro semanas. Os que prestaban servizo nos grandes pesqueiros, marchaban coa muller preñada e volvían “cando o crío xa sabía falar”, segundo relatan tanto homes como mulleres.

A posibilidade dun naufraxio sempre estaba ahí. “O Gran Sol comeu varios barcos”, sinala Antolín Pérez,  por iso, agrega, chámanlle “o mar das viúvas”.
A evolución das artes permitiu a saída co trasmallo ás costas de Marrocos na procura de lagosta, pescada e rabada de barriga negra, entre outras especies. O palangre abriu as portas para a pesca do peixe espada.

A flota palangreira de A Guarda consta de máis de 70 barcos que na actualidade pescan nos caladoiros de todo o mundo.

Close Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *