Antonio Adrover González (1929)

Antonio Adrover González (1929)  - Mariñeiro

Antonio Adrover González (1929) – Mariñeiro

a vida dos
mariñeiros sempre foi
de moito sacrificio.

Lembra os nomes dos seus mestres na escola, primeiro Don Miguel, cando tiña 4 anos; e logo, as clases na de Manolo Carceiro. Alí estaba polas mañás e xa con 7 anos enriba da gamela do avó, ás fanecas pola tarde.

No inverno, as familias mariñeiras buscaban o seu sustento. Ao monte a por piñas para vender ás panadarías. Ao argazo, e incluso  ao marisqueo para facer o caldo xunto con algunhas berzas collidas nalgunha leira. Aprecia a solidariedade entre moitas familias veciñas nas épocas duras. Se o verán tiña sido bo, e había moito peixe seco, lembra á súa nai levando algo ás casas doutras familias con máis problemas. A solidariedade tamén se daba entre pescadores de A Guarda cos veciños de Mougás. Neste punto, Antonio relata como traballaban varias xornadas collendo peixe que entregaban aos veciños do lugar, e que anotaban nun caderno. Cando chegaba a colleita do millo e outros produtos da terra, de Mougás chegaba o alimento que en boa medida enchía o caldeiro das familias dos mariñeiros guardeses.

É consciente que a pesca e o marisqueo incontrolado esquilmaron a riqueza con que contaba a costa galega. Necesidade ou avaricia, segundo o caso, levou a que por moitos anos se practicara unha extracción sen control, da que non dubida en afirmar que a súa xeración formou parte. Con humor pero tamén con certa dor afirma que os guardeses “foron como o cabalo de Atila, por onde pasaban nin a herba crecía”.

Close Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *