Category Archives: Na prensa

A Guarda custodia a súa cultura marítima

É o primeiro concello de Galicia que implanta a figura dos “Tesouros Vivos” da UNESCO.

Oficios que se exercen na Guarda como os de recolección de argazo, o dos mariñeiros, patróns de baixura e de altura, marisqueo e as redeiras, teñen asegurada a súa permanencia na memoria e divulgación, grazas ao proxecto de protección de patrimonio inmaterial encargado polo Concello á Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas!. Desde o pasado mes de decembro desenvólvese este labor que abarca tamén os oficios perdidos. (máis…)