Dez tesouros vivos da Guarda

É o primeiro Concello que rexistra aos portadores da súa cultura inmaterial para preservala como indica a Unesco.

A Guarda será o primeiro Concello de Galicia que conte cun rexistro dos tesouros vivos do seu municipio. O epígrafe refírese ao sistema suxerido pola Unesco na Convención para Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial.Consiste na elaboración dun inventario para pór en valor os denominados tesouros humanos vivos, cualificación que recoñece ás persoas que son portadoras dun saber ou unhas habilidades excepcionais para a comunidade e que se transmiten por substitución xeracional de forma oral. A asociación cultural e pedagóxica Ponche nas Ondas é a encargada de desenvolver este plan, presentado polo Concello e o Grupo de Acción Costeira. O proxecto, que nesta fase aborda en ámbito da tradición mariñeira, conta co apoio de colectivos do sector para poder identificar ás persoas portadoras destes saberes. Participan a confraría de pescadores, a asociación de redeiras ou a organización de palangreiros, Orpagu.

 

Estonia

O labor de campo arrincou hai meses e Ponche nas Ondas, presentou xa en marzo en Estonia os avances do proxecto nas xornadas europeas do grupo dedicado ao patrimonio Grundtvig Grand Treasures.

Santiago Veloso, presidente da asociación, explicaba onte como o sistema recomendado pola Unesco xa está implantado en países como Corea, Francia ou Brasil. Nestes dous últimos, acordouse entregar un salario simbólico aos portadores deste patrimonio.

Será en setembro cando se remate o proxecto. De aí sairá o rexistro dos dez portadores da Guarda. O seu recoñecemento formal esixe que se comprometan a transmitir os seus saberes en colexios ou talleres. Hai só dous carpinteiros de ribeira, avanza Veloso, e recuperaranse saberes perdidos como o do último cordonero, o das argaceiras -recogedoras de algas- ou o dos veleiros.

Fonte – La Voz de Galicia

Close Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *