Enrique Gómez Maya (1946)

A súa familia foi unhas das primeiras en traer o oficio de cordoeiro ao concello de A Guarda no agromar do século XX, da man do seu bisavó portugués, orixinario da Póvoa de Varzim. Segundo
a tradición familiar, as primeiras cordas de cádavo elaboráronse
nun descampado na Alameda. Lugar onde medrou a empresa familiar dos Maya até acadar a construción dun primeiro edificio no transcurso da década dos anos 40.

Lembra a súa infancia en medio dos fíos e cordas da cordelería,
onde de neno comezou como aprendiz ensinado polo mestres familiares: avó, tíos e pai. A súa inquedanza levouno a adoptar un espírito creativo e modernizador do oficio que lle permitiu soster a empresa até finais de século, cando o modelo artesán quedou desbotado polo arribo da produción industrial a escala global.

Entende que a perda total dos coñecementos e artes do oficio está a piques de suceder, pois a tradición morrerá con el. Ningún dos descendentes das familias portuguesas que trouxeran o oficio está en activo, nin tampouco as mulleres galegas que aprenderan a facer cordas nas rodas que en cada punta da nave, fiaban mentres a luz alumara.

Close Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *