Carmen Baz Rodríguez (1936)

Carmen Baz Rodríguez (1936) - Redeira

Carmen Baz Rodríguez (1936) – Redeira

o traballo das mulleres
era contínuo, día e noite.

Entrou no oficio aos 7 anos e aos 10 perdía moitos días en ir á escola por mor do traballo nas redes. Conta que lle gustaba tanto ler que polas noites aproveitaba calquera “papeliño” escrito que estivera na casa paterna para introducirse na lectura. Por iso, o inverno era a súa estación preferida, porque ao non saír os barcos ao mar, podía acudir ás clases.

Lembra que de nena non había tempo que non estivese dedicado ás tarefas do fogar, do campo ou do mar. Cos anos acumulábanse máis responsabilidades, nunha vida que cualifica de “escrava” para as mulleres de entón.

Relata o proceso de encascado das redes, unha tintura feita a partir da casca moída e fervida dos salgueiros. Materia prima que sacaban do monte “os da aldea” e que era transportada en camións para vender nos baixos da zona do peirao de A Guarda.
Conta como machacaban nunha pía redonda de pedra a casca seca cun mazo de madeira. Logo, botábao nun pote con auga situado enriba dunha caldeira a leña. A sustancia fervía todo o día para que na noitiña, a través dunha tubaxe, vertela nun pilón onde se colocaban as redes de cánabo para a súa conservación.

O tinguido era fundamental para conservar as artes logo da pesca, así como para almacenalas nos “arcases” de madeira na tempada do inverno.

Close Comments

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *