Mª del Mar Martínez Blanco

Afirma que estudou pouco, case nada, pois aos 9 anos estaba a carón do seu pai, Reinaldo, o cordoeiro, a fiar e a aprender.

Casou con Antonio Portela, albanel que de mozo traballou na construción da propia cordelería de Reinaldo. Lembra o brutal esforzo que ela e as vinte mozas empregadas no taller debían facer a cotío non só para fiar durante horas, senón tamén para carrexar auga e transportar os fardos de cádavo, a materia prima do obradoiro.

Por riba, as pesadas cordas con destino ao peirao tamén debían ser achegadas polas mozas, que as levaban na cabeza. O esforzo era gratificado polo seu pai cun xornal semanal quivalente a 25 pesetas. Lembra que a cordelería de Reinaldo foi a primeira en impermeabilizar as cordas, utilizando alquitrán, servizo que o seu pai tamén prestaba aos outros talleres.

Cando o cádavo foi deixado de lado pola introdución do nylon, Reinaldo decidiu pechar a cordelería pasando ao ramo da zapatería. Os restos da fachada da súa cordelería ainda se manteñen en pé ao carón do Trega, erexido como estandarte histórico dun oficio do que tan só quedan as pedras dos seus cimentos.

Close Comments

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *