Manuel González Dadín (1934)

Manuel González Dadín (1934) - Carpinteiro de ribeira

Manuel González Dadín (1934) – Carpinteiro de ribeira

xa non hai rapaces
que saiban o noso oficio.

Comezou como ebanista aos 13 ano da man do mestre ebanista Florindo Rodríguez. Aos 17 decidiu independizarse e foi autorizado a traballar nunha antiga carpintaría de mobles. Alí, aos 24 anos, construíu o seu primeiro barco de 8 metros de eslora.

Autodidacta, recoñece a súa vocación pola xeometría e as matemáticas, os alicerces dunha próspera actividade como carpinteiro de ribeira.

A pegada dunha turberculose impediulle rematar un encargo dunha nave de 29 metros e a expansión da súa empresa, que xa construía para mariñeiros de Baiona e A Guarda. Retornou catro anos despois ao oficio, na construción de pequenas embarcacións.

A súa actitude innovadora, levouno a comezar a construción de embarcacións deportivas que comercializou con éxito en Vigo. Fixo máis lixeiras as gamelas coa substitución dos tablósn de madeira  por contrachapados.

A infancia viviuna na posguerra, sen posibilidade de ir á escola. O seu pai, retornado da Arxentina, ensináralle a ler, así como as regras básicas das matemáticas que lle serviron de base para poder continuar coa súa formación autodiacta.

Close Comments

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *