Mercedes Lomba Baz (1939)

Mercedes Lomba Baz (1939) - Argaceira

Mercedes Lomba Baz (1939) – Argaceira

Antes comíamos peixe seco
e patacas cocidas.
Non había outra comida.

Aos 8 anos comezou a traballar como asistenta, como di ela, “para manterse” a cambio dun prato de comida que na casa a súa nai non lle podía proporcionar. Aos 19 anos casou con Luis Acevedo Pacheco, mariñeiro, e a partir dese momento deixou de servir  para adicarse ao seu fogar, á crianza de sete fillos e fillas e a atender as redes do seu home mariñeiro.  O oficio de redeira mantívoo até a xubilación do seu marido.
Mercedes relata que antigamente alternábase ao longo do ano o traballo no mar co traballo en terra. Así, a pesca, o marisqueo e o apaño de argazo, complementábase co cultivo de leiras.

Homes e mulleres adicábanse á recolla do argazo na temporada na que o mar o arrastraba até a ribeira. Os homes saían incluso nas gamelas a recollelo “a flote” con cramoeiros, para logo transportalo á terra onde se acumulaba para a súa venda.
Segundo relata, as xentes d’O Rosal acudían nos carros de bois até A Guarda  a comprar argazo para estercar os campos, único destino que daquela se daba ao produto.
Sobre a venda do argazo para os cosméticos, “o xerez”, Mercedes sinala que non foi até os anos 80 do século XX cando comezou a comercializarse para tal fin. Esta variedade na Guarda dase entre a zona da Gudela e A Ribeira durante os meses de outubro e febreiro.
Pese a súa idade, hoxe en día, Mercedes aínda segue a “ghanchear”, apañando entre as rochas, tanto o xerez como o argazo para abonar as leiras que cultiva.

Close Comments

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *