Ponte...nas ondas! rescata os oficios mariñeiros no concello de A Guarda.

A Asociación Pedagóxica Ponte nas ondas! está a desenvolver un proxecto de recolla dos oficios vencellados á cultura mariñeira no concello de A Guarda. A iniciativa abrangue a posta en valor tanto dos aínda vixentes, como aqueles desaparecidos ou a piques de facelo por mor das transformacións que afectan o sector. O traballo enmárcase na figura dos Tesouros Vivos promovida pola UNESCO, na procura da salvagarda do patrimonio inmaterial da humanidade.Desde o apaño de argazo, mariñeiros, patróns de baixura e altura, marisqueo e redeiras, quedarán inventariados neste traballo divulgativo que
, que concluirá cun traballo audiovisual documental cos tesouros vivos, un libro compendio coas testemuñas e fotografías antigas recuperadas, umha páxina web que recollerá o patrimonio recollido así como unha exposición permanente no museo do mar da vila guardesa.

O proxecto está impulsado polo Concello de A Guarda e para o seu financiamento contou cunha liña de axuda do Grupo de Acción Costeira da Ría de Vigo (GAC 7), para proxectos non produtivos orientados á conservación do patrimonio marítimo.

O plan conta coa colaboración e apoio doutros colectivos relacionados directamente coa actividade económica do mar como son a Confraría de Pescadores e Mariscadores da Guarda, a Asociación de Mulleres Redeiras Atalaia, e a Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu), que participaron activamente na identificación dos “tesouros vivos” e na mediación para facilitar o labor técnico das recollas.

Ademais do documental, o libro e a web, o proxecto contempla diversas exposicións e actos de divulgación nos centros escolares do concello, así como unha exposición permanente no Museo do Mar da Guarda.

Fonte- Valminor.info

Close Comments

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *