Presentación da IV Mostra das tradicións mariñeiras en A Guarda

O pasado día 18 de Xullo de 2013 foi presentada oficialmente a IV Mostra das Tradicións Mariñeiras que se realizará os días 25, 26, 27 e 28 de xullo na explanada do porto de A Guarda.

A presentación correu a cargo do Presidente da Asociación Ponte nas Ondas, Sr. Santi Veloso, a vogal da Asociación de Redeiras Atalaia, Sra. María Rita González Martínez e o Alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas.

Grazas a un proxecto que se está a realizar dende o GAC-7, financiado con fondos europeos estáse a traballar na recuperación do patrimonio inmaterial vencellado ó mar e as artes de pesca, favorecendo a memoria das labores, técnicas e anédotas do mar e as súas xentes, nun proxecto, que verá a luz proximamente en formato audiovisual e nun libro.

A IV Mostra das Tradicións Mariñeiras contará nesta edición 2013 con  obradoiros, actividades náuticas, exposición na nave das redeiras e taberna mariñeira. Ademais, no paseo marítimo estarán dispostas embarcacións tradicionais e xogos mariñeiros.

Na Guarda nunca nos esquecemos da gastronomía, polo que na rúa do Porto, os visitantes poderán degustar de peixe espada e de pratos típicos da cociña mariñeira. Contarase con numerosas exposicións nestes días, destacando a recreación da escola mariñeira e presentación de fotografías antigas, có que se intenta achegar os traballos típicos do mundo mariñeiro e a súa forma de vida. Obradoiros de cerámica, cestería, nós, encadernación, cordoería, encascado tamén estarán abertos á participación do público.

PROGRAMACIÓN

XOVES, 25
21.00 FINAL 1º CONCURSO Cantigas de taberna
23.00 ACTUACION MARÍA XOSÉ SILVAR – SÉS

VENRES, 26
19.00 Concurso barcos de papel
22.00 Revista oral

SÁBADO, 27

22.00 Serán mariñeiro.
18.00 XVIII Travesía a nado ó Porto da Guarda.
Xogos populares mariñeiros

DOMINGO, 28

17.00 Regata de veteranos no Porto.
21.00 h. Concerto de Corais.

– Orfeón Valdeorrés
– Coral Polifónica da Guarda

EXPOSICIÓNS

Embarcacións tradicionais. Paseo Marítimo
Exposición Permanente do Museo do Mar. Museo Atalaia
Exposición fotografías antigas
Recreación da escola mariñeira
O traxe mariñeiro

OBRADOIROS

Obradoiros de cerámica, cestería, nós, encadernación, cordoería, encascado… abertos á participación do público. Nave Redeiras e Carpa Porto

MERCADO MARIÑEIRO

Diversos stands na rúa do Porto

ACTIVIDADES LÚDICAS

Remo ergómetro, deportes náuticos, Travesía a Nado, xogos mariñeiros

TABERNA MARIÑEIRA

Taberna. Carpa do Porto
Degustación peixe espada no stand de Orpagu na rúa do Porto
Pratos típicos da cociña mariñeira nos restaurantes do Porto

Fonte – Infomiño

Close Comments

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *