Juan Castro Barcia (1939)

Juan Castro Barcia (1939) - Contable

Juan Castro Barcia (1939) – Contable

o oficio de carpinteiro de ribeira era moi especializado.

O seu irmán Joaquín Castro, funda o primeiro estaleiro na Pasaxe que mantén vivo até finais do século pasado onde pasa a fabricar embarcacións de poliester.

Segundo as súas contas no estaleiro familiar construíronse entre os anos 1952 e 2000, máis de 150 barcos de madeira. Como aconteceu no oficio de cordoeiro, os mestres da carpintaría de ribeira chegaron de Portugal. Lembra que o seu pai foi aprendiz do mestre carpinteiro do barco “Constantino Candeira” (1931).

Aos 16 anos, axudaba no estaleiro familiar nas tarefas administrativas e amodiño, foi achegándose á carpintaría ao carón dos calafates portugueses, os máis especializados da costa atlántica, segundo a súa opinión.

Retirado, garda aínda unha macete de madeira e un xogo de ferros, obsequio do último mestre calafate portugués co que traballou. Gustábanlle facelos “cantar”, dando pequenos golpes aos ferros co macete. Recoñece que o oficio está case en extinción, pola falla de relevo xeracional e a case inexistente demanda para a construción de barcos de madeira.

Close Comments