Luis Acevedo Pacheco (1935)

Luis Acevedo Pacheco (1935) - Mariñeiro

Luis Acevedo Pacheco (1935) – Mariñeiro

Se non fose polo traballo
das mulleres, os mariñeiros
non poderíamos ir ao mar.

Como á maioría dos mariñeiros guardeses, botarono ao mar de pequeniño, e aos 13 anos xa traballaba nun barco, un ano antes do que permitía o regulamento. Andivo á palometa en Vigo, á sardiña en Moaña e á pesca do cerco en A Guarda. Pescou de día e de noite, cando “o mar arde”. Fixo a lamprea no río Miño e o argazo na costa.  Dos seus primeiros anos no oficio lembra que a demanda de peixe en A Guarda cubríase coa captura de poucos barcos. A caixa de peixe vendíase a 15 pesetas, por iso intentaba ofertar as pezas en Vigo onde a mesma caixa valía 25 pesetas.

Lembra que de neno, A Guarda tiña invernos “de 7 meses”. Tempo onde as gamelas quedaban sen saír ao mar.  Daquela, con outros rapaces, tiñan que saír polas aldeas “a pedir pan ou mazás, o que fose para poder comer”. Cando había algún día de pesca, conseguía un “quiñón”; unha ducia de xurelos que o armador entregaba a cada mariñeiro.
Relata a obriga que ten a xente do mar de recoller os corpos dos mariñeiros falecidos.  “Se non o fas, persíguete. Míralo en cada lugar onde recolles as redes”. Conta o relato dun mariñeiro que se negaba a recoller o corpo que lle viña entre as redes e o deixaba de novo no mar. O suceso repetiuse en cada lance até que este mariñeiro deu sepultura deste corpo en terra.

Close Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *