Dez tesouros vivos da Guarda

É o primeiro Concello que rexistra aos portadores da súa cultura inmaterial para preservala como indica a Unesco.

A Guarda será o primeiro Concello de Galicia que conte cun rexistro dos tesouros vivos do seu municipio. O epígrafe refírese ao sistema suxerido pola Unesco na Convención para Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. (máis…)

Un proxecto europeo amosa en Estonia a labor dos marñeiros de A Guarda

A asociación “Ponte… nas ondas” presenta o traballo sobre a actividade tradicional relacionada co mar – A iniciativa pretende preservar os coñecementos e saberes.

EVA GONZÁLEZ Os Tesouros Vivos do Patrimonio Marítimo da Guarda pasan a ser unha referencia europea documentada e preservada. O traballo das “redeiras”, o de carpinteiría de ribeira ou o que realizan aínda as “argaceiras” na recolección de algas, son algúns dos aspectos que contén o traballo que presentará en Estonia a asociación “Ponte… nas ondas!” , desde hoxe até o día 26, nas xornadas de traballo do grupo europeo Grundtvig Grand Treasures, do que forma parte e no que vén traballando desde hai dous anos.

(máis…)

A Guarda custodia a súa cultura marítima

É o primeiro concello de Galicia que implanta a figura dos “Tesouros Vivos” da UNESCO.

Oficios que se exercen na Guarda como os de recolección de argazo, o dos mariñeiros, patróns de baixura e de altura, marisqueo e as redeiras, teñen asegurada a súa permanencia na memoria e divulgación, grazas ao proxecto de protección de patrimonio inmaterial encargado polo Concello á Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas!. Desde o pasado mes de decembro desenvólvese este labor que abarca tamén os oficios perdidos. (máis…)